Infrastruturas e instalacións

O programa dispón dos seguientes laboratorios exclusivamente destinados á investigación:

  • E.E. Forestal (Campus Pontevedra): 55 m2,
  • E.E. Industrial (Campus Vigo Cidade): 42 m2,
  • E.E. Minas e Enerxía (Campus Vigo Lagoas-Marcosende): 48 m2,
  • Outros espazos menores de aproximadamente 15 m2 para almacenamento de equipos.

 

Equipamento técnico

  • Sistema láser móbil ( Lynx Mobile Mapper M1 de Optech); dotado de dous cabezales láser Optech; sistema inercial e odómetro Applanix POS LV 520; sistema GPS 2 antenas Trimble; catro cámaras JAI BB500 GiE industriais de 5 MPx e 3 fps; Rack para control e almacenamento masivo de grandes volumes de información dotado de discos duros de estado sólido; furgoneta para soporte e captura de datos en movemento do sistema láser móbil Mercedes- Benz Vito ( nº matrícula 3238- GST).
  • Escáner Laser ( Hokuyo UTM-30 LX).
  • Sensor ( Kinect).
  • UAV ( MikroKopter Okto XL).
  • Cámara Termográfica ( NEC TH9260).
  • Escáner Láser Terrestre ( Riegl LMS- Z390i).
  • Cámara Semi-métrica ( Rollei Flex 6006).
  • Cámaras dixitais calibradas ( Nikon D100, lente 20 mm e 50 mm; Cannon EOS 5D, lente 14 mm e 20 mm; Cannon D10, lente 20 mm).
  • Restituidores fotogramétricos dixitais ( Photomodeler e AICON).
  • GPS dobre frecuencia RTK (Ao- Top).
  • GPR, antenas apantalladas 250, 500, 800 MHz, 1 Ghz e 1.6 Ghz, antenas biestáticas 50, 100 e 200 MHz (sistema RAMAC).
  • Perfilómetro para medida de índice de rugosidade internacional ( IRI), texturómetro para medida de Macro textura ( MPD), e odómetro ( Greenwood LaserProf).
  • Estacións totais para investigación ( LEICA TCR-1102, 6cc, 150 m; LEICA TCR-1103, 9cc, 80 m).

 

Aplicacións informáticas

  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación do ámbito da fotogrametría: Photomodeler Scanner, AICON 3D Studio.
  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación dos sistemas láser: RiscanPro Data Acquisition, RiscanPro Multistation Adjustment, RiscanPro Processing, LV POS View, Lynx Survey, Lynx RTCP, Optech Disk Extract, POSPac MMS, DASHMap, Optech Image Extract, Optech RGB Extract, Quick Terrain Modeler.
  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación de sistemas termográficas: Termographic Image Processor.
  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación do ámbito dos sistemas de teledetección de curta distancia e GPR: REFLEXW 4.5, EASY-3D, GPR- Slice, Ground Vision, simulación GPRmax.
  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación do ámbito SIG e cartografía: Cartomap 4.2, ArcGIS 8.0 subpixel module, Erdas 8.4, e- Cognition 2.1.
  • Aplicacións software relativas ás liñas de investigación do ámbito cálculo estrutural: Estrumad 2003, Cype 2009, Ring v2.0.

 

Biblioteca e recursos electrónicos

As Universidades que participan na proposta están dotadas de servizos de biblioteca. Reúnen a bibliografía básica e os fondos especializados necesarios para o correcto desenvolvemento das distintas liñas de investigación que se imparten no Programa de Doutoramento. Ditas Universidades están á súa vez subscritas a diversas bases de datos con accesos a diferentes recursos bibliográficos (revistas e libros), tanto de ámbito nacional como internacional, que poden ser consultados desde calquera equipo informático conectado á rede dalgunha das Universidades.

De maneira global, os servizos a disposición dos/as doctorandos/as serán:

  • Salas de lectura para a consulta das coleccións das Bibliotecas, para o estudo e a investigación, dotadas de equipamentos informáticos e rede wi- fi.
  • Equipos para a reprodución de documentos respectando a lexislación de propiedade intelectual.
  • Un catálogo dos fondos bibliográficos accesible na internet que permite localizar as obras e recursos integrados nas coleccións, suxerir a compra de novos títulos, renovar préstamos e buscar a bibliografía recomendada nos programas docentes.
  • Servizos para o acceso ás coleccións bibliográficas.
  • Consulta remota aos recursos electrónicos contratados pola Biblioteca: bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, portais da internet, etc., como poden ser:
    Acceso á Web of Knowledge a través de FECYT, con múltiples recursos asociados provistos por Thomson Reuters.
    Acceso a Scopus, con múltiples recursos provistos por Elsevier.
    Coleccións de Revistas a Texto Completo e/ou Libros e coleccións de Libros Electrónicos do ámbito das Xeotecnoloxías: ScienceDirect, Wiley Intersciencie, Springer Link, IUSTEL, IEEE/IEE Electronic Library Online.
    Colección completa Normas AENOR a través da base de datos NorWeb.
  • Orientación e formación no uso da Biblioteca e dos seus recursos tecnolóxicos e documentais.
  • Asesoramento nas procuras e localización de información.
  • Información bibliográfica e documental especializada e personalizada.
  • Utilización das bibliotecas por persoas alleas á comunidade universitaria en calidade de usuarios externos autorizados.

 

Recursos para co-financiar a internacionalización do estudantado

Para a obtención de recursos externos e bolsas de viaxe que permitan cofinanciar a internacionalización do estudantado e estudos (estadías de investigación e asistencias a congresos) do programa levarán a cabo as seguintes accións:

  • Participación nos programas de axudas á investigación e mobilidade propios de cada Universidade participante no programa.
  • Participación nos programas de axudas á investigación e mobilidade propios de cada Comunidade Autónoma.
  • Participación nos programa de axuda á investigación e mobilidade de carácter nacional, con especial atención aos programas do MECD e á captación de estudantes/ as con perfil académico apropiado para a solicitude de bolsas FPI e FPU.
  • Participación nos programas de mobilidade da Unión Europea.
  • Participación nas convocatorias de axudas de diversos organismos públicos e privados, tales como Fundacións, Deputacións, entidades locais ou embaixadas.
  • Emprego de fondos propios procedentes de proxectos de investigación e contratos I+D con empresas

Basándose en los resultados de años anteriores, es posible estimar que al menos el 50% del alumnado obtendrá fondos por sí mismo mediante ayudas externas; el resto podrá cofinanciarse con los recursos de los grupos de investigación.