Recursos humanos
O Grupo de Investigación de Fotogrametría e Teledetección Próximas da Universidade de Vigo, adscrito ao Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente, é unha das pezas básicas que xustifican o interese científico e investigador do Programa de Doutoramento. Os seus compoñentes, implicados activamente na investigación, o desenvolvemento e a innovación, garanten a conexión co sector científico e profesional.
A través das liñas de investigación activas que se desenvolven nestes grupos tense presenza en proxectos de carácter internacional, nacional ou rexional e particípase en contratos de investigación con outras institucións e empresas.
Por outra banda, o Departamento de Enxeñería Cartográfica e do Terreo, adscrito á EPS de Ávila, e no cal descansan boa parte das responsabilidades organizativas e docentes do mestrado ven impartindo o Programa de Terceiro Ciclo “Investigación e Desenvolvemento en Xeotecnoloxías”. Oito dos profesores/ as do mestrado imparten docencia neste programa. Esta situación favorece a conexión do programa formativo do mestrado coa investigación. A participación deste profesorado en liñas de investigación abertas na comunidade científica e tecnolóxica internacional garante que as novidades – cuantiosas e de envergadura – que se están producindo no sector queden incorporadas na docencia do Programa Formativo.
O grupo TIDOP (Tecnoloxías da Información para a documentación do Patrimonio) da Universidade de Salamanca, participante nesta proposta de Programa de Doutoramento atópase adscrito a este departamento.