Actividade Duración Carácter Descrición
Seminario de introdución á investigación 20 horas Obrigatorio Seminarios de formación regulados sobre competencias investigadoras impartidos polo profesorado do programa.
Talleres formativos 20 horas Obrigatorio Talleres formativos en técnicas xeomáticas avanzadas: instrumentación de tipo xeomático, procedementos de adquisición, procesamento e interpretación de datos. Emprego de software específico dependendo da técnica estudada. O estudantado do devandito programa elixirá un destes talleres en función da liña de investigación seguida por este.
Redacción de textos científicos para o seu envío e/ou participación en congresos ou xornadas técnicas. 120 horas Obrigatorio Fomentarase a participación do estudantado en congresos nacionais e/ou internacionais de carácter científico. O estudantado deberá someter os traballos de investigación desenvolvidos á consideración dos comités científicos dos devanditos congresos.td>
Realización/publicación dun traballo de investigación 320 horas Obrigatorio Esta actividade formativa busca que o estudantado desenvolva competencias de carácter avanzado na redacción de artigos de investigación de carácter científico, en revistas cun perfil de investigación contrastado, avalado pola súa inclusión en bases de datos internacionais de carácter científico.
Realización de traballo de investigación / Tese de doutoramento 960 horas Obrigatorio O estudantado deberá desenvolver o seu traballo de investigación que culminará no documento que se presentará como tese de doutoramento. Para iso deberá ser deseñada e planificada temporalmente unha metodoloxía de traballo, onde se recollerá entre outros os obxectivos da investigación, os métodos empregados, os resultados alcanzados, así como a análise destes e as correspondentes conclusións.
Estadía de investigación 160 horas/mes Optativo Coa estadía de investigación, nacional ou internacional, o Programa busca desenvolver competencias para o traballo en grupo e en rede, así como para a investigación interdisciplinar.