A previsión de estadías do estudantado noutros centros de formación nacionais e internacionais, cotutelas e mencións europeas baséase nos indicadores de cursos anteriores.

Así é posible estimar unha porcentaxe dun 60-70% de realización de tese con mención de Doutoramento Internacional, o que leva un número mínimo equivalente de estadías do estudantado en centros de investigación estranxeiros. Para iso contamos cun bo número de centros de investigación cos que se mantén unha fluída relación de intercambio e estadías do profesorado e o estudantado:

 

Berkeley University (USA)
IAP&G – Jade University of Applied Sciences (Alemania)
Carnegie Mellon University (USA)
Politecnico de Milano (Italia)
The University of Edinburgh (Escocia)
Geophysical Archaeometry Laboratory (USA)
Tonjgi University (China)
Mew Mexico State University (USA)
Newcastle University (Inglaterra)
Universidade Federal do Paraná (Brasil)
University of Perugia (Italia)

 

RECURSOS PARA A MOBILIDADE

 

Máis información

Programas de mobilidade internacional

Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación