Información
Este Programa de Doutoramento interuniversitario entre as Universidades de Vigo e Salamanca contribúe a encher un espazo baleiro ata o momento no ámbito das Xeotecnoloxías aplicadas a sectores crave como son a industria, a enerxía e a construción.
As Xeotecnoloxías abarcan diferentes ámbitos de coñecemento dunha forma transversal, de forma que poden constituírse en compoñentes clave para a súa mellora tecnolóxica e competitividade no mercado. Actividades como a obtención de cartografía, os sistemas de posicionamento, a verificación cuantitativa e cualitativa na execución e mantemento de obras e edificacións, ou o control dimensional en diferentes campos da industria ou relacionados coa enerxía son actividades de gran importancia económica nas cales este ámbito de coñecemento está chamado a contribuír á súa mellora.
Se premes no recadro de abaixo poderás descargar a memoria do Programa.
Organización
Coordinador
Comisión académica:
- Henrique Lorenzo Cimadevila (Presidente)
- Mercedes Solla Carracelas (Secretaria)
- Luís Ortiz Torres
- José Carlos Caamaño
- Diego González Aguilera
- Javier Gómez Lahoz
- Angel Luis Muñoz Nieto