Terán prioridade aquelas persoas candidatas que presenten un perfil tecnolóxico (titulacións de enxeñaría, arquitectura, informática), acorde co carácter do Programa de Doutoramento. En caso de haber prazas vacantes, poderán admitirse persoas solicitantes que non presenten un perfil dentro do ámbito tecnolóxico. A CAPD avaliará e resolverá a admisión en cada caso.

Os criterios de admisión do estudantado, así como a priorización das solicitudes recibidas para a participación no programa de doutoramento, estarán baseadas en criterios de mérito e capacidade, e concretamente teranse en conta aspectos como:

  • Nota media do expediente académico, tanto de grao como de mestrado.
  • Experiencia previa investigadora, valorándose especialmente a experiencia dentro do ámbito temático do programa de doutoramento.
  • Experiencia profesional.

A CAPD, ou a comisión para o efecto na que aquela delegue, manterá entrevistas cos candidatos/as a fin de establecer e aclarar os méritos dos mesmos.

 

Procedemento de admisión e matrícula

O estudantado que reúna os requisitos de acceso e admisión poderá solicitar a admisión no programa de doutoramento, puidendo realizarse en cada una das universidades participantes, para o que se establecerá un prazo de preinscrición. Dita solicitude presentarase no lugar que sinale a convocatoria xeral de cada universidade.

Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisoria de estudantado admitido, coa súa correspondente listaxe de agarda, de acordo cos criterios de selección establecidos no programa.

As persoas aspirantes non admitidas poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na correspondente convocatoria. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación do estudantado admitido ao órgano de xestión correspondente, a efectos de poder formalizar a súa matrícula no prazo que se sinala. De non formalizar a súa matrícula, as persoas solicitantes decaerán nos seus dereitos.

 

Estudantado con necesidades educativas específicas

A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar ao estudantado con algún tipo de necesidade educativa específica e fometando unha igualdade completa de oportunidades e a súa completa integración, puxo en marcha o Programa de Integración de Universitarios con Necesidades Especiais (PIUNE) que contempla a atención, acollida e asesoramento polo Servizo de Extensión Universitaria en coordinación co gabinete psicopedagógico da Uvigo; soporte de estudo e acompañamento en actividades diversas polas persoas voluntarias da Universidade de Vigo.
Así mesmo, a CAPD analizará de forma particular os casos do estudantado con necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade e nomeará un titor/a para axudarlle a garantir a adquisición das competencias propias do nivel de doutoramento. Se é necesario a CAPD recibirá un informe do titor/a e adaptará os servizos de apoio e asesoramento necesarios que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.